Edicto de cobro do padron do 1 º semestre do lixo 2010
Aprobado mediante resolución da Presidencia de data 26 de xullo de 2010 o Padrón Fiscal da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, correspondente a Taxa por actividades e servicios relacionados coa hixiene pública (Taxa pola recollida do Lixo), primeiro semestre do exercicio 2010, exponse ó público por espacio de 15 días, a partires do seguinte día no que este Anuncio fora publicado no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de examen e reclamacións.
De conformidade co previsto no artigo 12 da Real Decreto Legislativo 2/2004, do 5 de marzo, Texto Refundido da lei Reguladora das Facendas Locais, en relación cos artigos 87 e 88 do regulamento Xeral de Recadación, comunícaselles ós contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza do mencionado Padrón será do 10/08/2010 o 11/10/2010 ámbalas dúas datas inclusives.
Edicto de cobranza [descargar]
Declaración de producción media de residuos
Rematada a revisión do censo da TAXA DE RECOLLIDA LIXO VIVENDAS COMERCIAL E INDUSTRIAL imos proceder a aplicación da tarifa en función do volumen de residuos producidos, de xeito que se poida establecer un principio de proporcionalidade que non dé lugar a situacións irregulares, cando o volumen xenerado supera o considerado mínimo na ordenanza vixente.
Requerimos para elo de vostede a declaración da media dos residuos xenerados polo seu establecemento, a fin de determinar a cuantía debida, solidaria e proporcionada . Procedendo de oficio en caso de non recibirse a citada información no plazo máximo dun mes, dende o recibo desta solicitude.
A Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, recolle no artigo 63º.- Infraccións leves , apartado c) o atraso na subministración da documentación ou información que deba proporcionárselle a administración de acordo co establecido pola normativa aplicable ou polas estipulacións contidas nas autorizacións.
Deberán completar a declaración que acompaña este escrito é poderán remitila:
- por fax ó nº 986 39 00 34,
- entregala no rexistro da Mancomunidade, no 2º andar do Concello de Cangas.
Declaración de producción media de residuos
Recollida dos aceites usados
A Mancomunidade ven de asinar un convenio coa empresa NUTRIGAS S.A. para a recollida de aceites vexetais usados nas asociacións de veciños, comunidades de veciños ou establecementos interesados en participar.
Todos aqueles interesados , poderán solicitar de xeito totalmente gratuito , no teléfono 986 28 81 20 ou a través desta páxina , o suministro dun depósito que deberá permanecer no interior para evitar posibles casos de vandalismo ou uso inadecuado.
A retirada deste depósito e sustitución por un limpo producirase por demanda do usuario, a retirada deberase solicitar cando o depósito acade a metade de enchido, para evitar que se produzan derrames.
Non deixen de plantexar todas as dúbidas que se lle presenten e solicitar información complementaria . E tan só lembrarlles que 1 litro de aceite que se bota polo vertedoiro contamina 1.000 litros de auga.
Recollida de aparellos eléctricos e electrónicos
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo asinou o convenio de colaboración coa Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Galicia, para realizar unha xestión axeitada dos aparellos eléctricos e electrónicos (RAEES), contemplados no Real Decreto 208/2005 de 25 de febreiro.
Os establecementos poden facer o depósito dos seus aparellos eléctricos e electrónicos sin coste algún nas instalacións da Portela.
Referimos de seguido as categorías de apararellos eléctricos e electrónicos incluidos no ámbito de aplicación de este real decreto.
Lista indicativa de categorías:
1. Grandes electrodomésticos.
2. Pequenos electrodomésticos.
3. Equipos de informática e telecomunicacions.
4. Aparellos electrónicos de consumo.
5. Aparellos de alumbrado.
6. Ferramentas eléctricas ou electrónicas (excepto as industriais fixas permanentemente, de gran envergadura e instaladas por profesionales).
7. Xoguetes e equipos deportivos e de tempo libre.
8. Aparellos médicos (excepto os productos implantados e infectados).
9. Instrumentos de vixiancia e control.
10. Máquinas expendedoras.
Para calquera aclaración sobre o depósito:
info@mancomunidadedomorrazo.org
voluminososempresas@gmail.com